lunes, 31 de enero de 2011

Nova reunión do club de lectura.

O pasado 27 de xaneiro, o club de lectura tivo a segunda reunión ás catro na biblioteca do colexio, asistiron case todos os compoñentes do grupo. Falouse do libro "La ladrona de lbros" cun café quentiño.
-Os personaxes, os libros, o momento histórico, o ambiente, as relacións humanas, a familia, a amizade, pero o que máis se comentou foi, o personaxe da Morte,a súa humanidade e a súa preocupación por Leslie.
Quedamos de vernos de novo, o 10 de marzo despóis da lectura de "La soledad dos números primos" de Paolo Giordano (Salamandra).

     

lunes, 24 de enero de 2011

CIRCULAR Nº IV (BIBLIOTECA) (2010-2011)

AOS PAIS/NAIS SOCIOS DO CLUB DE LECTURA.

Convocatoria 2ª reunión

Día: XOVES , 27 DE XANEIRO ÁS 4 DA TARDE na Biblioteca do Colexio.

Falaremos de: (mentres tomamos un café)

1º.- “LA LADRONA DE LIBROS”.
2º.- Ver o Blog de lectura “libros de libros” (libroslibroselibros.blogspot.com)
3º.- Dar contas de e-mail e crear aquelas que non a teñan.
4º.- Elección de libro e data para a seguinte reunión.
5º.-Foto para o blog.
6º.-Elixir nome para o club de lectura.

Ata entonces un saúdo.

Fátima





PD. Pregamos nos confirmedes a vosa asistencia na parte inferior

 (cortar pola liña de puntos e devolver ó colexio)
.....................................................................................................................................................................

D/Dna______________________________________ doume por enterado/a da convocatoria e

confirmo a miña asistencia.

(si-non)

Algo sobre Markus Zusak

Marcos Zusak é un escrito moi xoven (naceu no 1975)
Polo tanto a súa obra literaria é moi curta, apenas 6 libros editados. O libro que o da a coñecer foi editado no 2002  (the Messenger) pero o que o vai lanzar a literatura universal e A LADRONA DE LIBROS (2006)

Este libro trata da historia dunha nena que, na Alemania da Segunda Gerra Mundial, é acollida por unha familia coa que vai pasar os anos da súa adolescencia.

Markus inspirouse para esvcribir este libros nas historias que seus pais lle contaban  (xa que eles viviran en Austria e Alemanis durante ese período)

Creo que é un libro moi interesante, bonito, entretido e facil de ler no que vas descrubrindo como son no fondo os persoaxes (aparenta unha cousa e realmnte son moitos distintos,mellores)

Markus xa levou varios premios  polos seus libros. Esperemos que no futuro nos deleite con novas obras.

Un saúdo

José Luis